miércoles, 22 de marzo de 2017

EncontXos polo Planeta V: Wangari Maathai

Escoitamos a historia da Muller Árbore:







Localizamos Kenia, escribimos o nome da súa acción en defensa do planeta e completamos o noso taboleiro:



sábado, 18 de marzo de 2017

A biblioBN nos Encontros do PLAMBE

Este venres xuntámonos en Santiago 615 coordinador@s de bibliotecas do PLAMBE para disfrutar dos Encontros anuais.
Aprendimos, compartimos, rimos e cargamos as pilas para seguir fedellando e facendo fedellar nas nosas bibliotecas...
A biblioBN, xunto coa Leoteca, compartimos a nosa experiencia co Escornabot, que quedou moi agradecido:



Sempre Rosalía

A medio camiño entre o Día de Rosalía e o Día da Poesía ...
aproveitamos os paneis informativos elaborados polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo, préstamo das Bibliotecas Municipais, para afondar un pouquiño máis na súa vida, obra e recoñecemento.



Despois de ver o panel coas esculturas de Rosalía espalladas polo mundo, amplíamos información coa magnífica presentación da biblioteca do IES San Paio de Tui:


Rosalía nas artes plásticas escultura from tudense

Rematamos escoitando os tres poemas que aparecen nos paneis interpretados por: Luz Casal e Carlos Núñez, Amancio Prada e Astarot.








sábado, 11 de marzo de 2017

Do Escornabot á Mesa de Luz

O alumnado de 3 anos ocupou a biblioBN para traballar as súas iniciais e números de lista.
Primeiro os buscaron nas plantillas co Escornabot:



Despois, os localizaron nas tarxetas para realizar a grafía na sal que cubría a Mesa de Luz:


viernes, 10 de marzo de 2017

Encontro en Igualdade


Resultado de imagen de cim arteixo igualdade

Un curso máis, o alumnado de 6º participa dos talleres de igualdade do CIM. Traballamos a través dun conto e as actividades posteriores:



Encontro: A época dourada dos autómatas





Tras o Encontro, Mar achegounos unha noticia muy interesante:


miércoles, 8 de marzo de 2017

E así camiñamos cara á Igualdade

Percorrendo co Escornabot as lecturas que nos axudarán nesta andaina.
O luns presentamos a Guía de Lectura:



E o resto dos días, nas titorías, baixamos á exposición da entrada:


e seguimos a camiñar e ler:


8 de Marzo: Unha de Teatro


Sesión no Teatro del Andamio para ver unha Cincenta para nen@s modern@s, na que o conto remata coa Cincenta como mestra de baile do pazo e un príncipe que quere percorrer o mundo.

Disfrutamos da obra coas mamás, avoas, irmás e tías !!!



Aula de 3 anos


Aula de 4 anos


Aula de 5 anos


As protagonistas do día




martes, 7 de marzo de 2017

EncontXos polo Planeta IV: Severn Suzuki


Lemos a historia desta nena que durante 6 minutos silenciou aos representantes das Nacións Unidas cun discurso en defensa do medio no que vivimos:


Escoitamos o seu discurso:



Escribimos a acción en defensa do planeta e buscamos Brasil:


Unha nova acción para o noso panel:


Posteriormente, o alumnado de 3 anos elabora o QR que enlaza con esta información, pégao no panel e comproba que funcione.
Xa na aula, rexistramos a actividade:



lunes, 6 de marzo de 2017

sábado, 4 de marzo de 2017

EncontXo pola Igualdade : Los inventos de Malvina


Cambio da bobina da impresora 3D

Parece que a impresora non está parada e xa gastamos unha bobina de filamento PLA.
Aprendemos os pasos para poder substituila.
Primeiro temos que retirar o filamento que aínda queda:


Despois colocamos a nova bobina e seguimos limpando ata que aparece a nova cor:


Xa está lista para seguir imprimindo!!!

viernes, 3 de marzo de 2017

Doazón de Eli Ríos

Máis libros chegan á biblioBN da man das persoas que forman xa parte desta comunidade educativa.
Eli Ríos deixou unha pegada moi emotiva e agasallounos con dúas das súas obras: Bicha e Marta e a píntega.


Grazas Eli
por facer medrar a nosa biblioteca
e a nós como lector@s!!!

Encontro: Cyber Robot


Anxo trouxo á escola o seu Ciber Robot para amosarnos como funciona por bluetooth e a app coa que se pode programar. Tamén vimos a súa placa arduino.