domingo, 29 de enero de 2017

EncontXo Día da Paz: SIN AGUA Y SIN PAN

Recuncho de selección de libros

Ampliamos o recuncho de exposicións da entrada da escola. Ademais de atopar os libros da Guía de Lectura do Día da Paz, tedes a selección para traballar a Leonardo da Vinci no Taller de Arte e nas aulas.
A biblioBN medra día a día ...


Dia da Paz 2017: EU SON PERSOA

Escribabot: PAZ

Resultado de imagen de escriba de tebas

ESCRIBA: Na Antigüedad,copista, amanuense.


ESCRIBABOT: Na BiblioBN, Escornabot que escribe.

Agradecemos a Xoel a invención desta palabra que dará moito xogo dentro do noso proxecto.

E así o Escribabot sumouse ao Día da Paz:



O alumnado de 4 anos, no taller TIC, programou o Escornabot para que avanzara a medida dunha das pezas Gigi.
Entre todos compuxemos a palabra PAZ coas pezas e fixemos ao Escornabot avanzar para que a escribise cos rotuladores que lle adosamos.



Seguide todo o proceso neste Time Lapse:

Guía de Lectura Día da Paz: EU SON PERSOA




Fondo da Guía da Paz

Para facer o fondo da Guía da Paz imprimimos unha figura dunha persoa que estampamos con acrílico sobre un cartón:



E así quedou:


viernes, 27 de enero de 2017

Encontro: Drons pola PAZ



Despois de ver a curta de Sadako e coñecer o motivo polo que imos lanzar os nosos drons de papel o Día da Paz, Celia preséntanos un Dron e como se manexa:


Achegámonos aos usos pacíficos destes aparellos:






jueves, 26 de enero de 2017

Venres de EnCURTAS: Sadako & las Mil Grullas de Papel

Onde se Encontran os Escornabots?


Queremos saber ...

Queremos saber onde viven os escornabots...

Quermos saber que están a facer outros coles...

E arrancamos cun fantástico Encontro cos nenos e nenas de 5º de EP do CEIP Canosa-Rus.
Desde a Leotecae coa axuda de Diego, amosáronnos un fermoso traballo co Guernica para o Día da Paz. Tamén vimos o proveitoso que resulta facer cousas en grupo ... orixinais plantillas e disfraces para o Escornabot...

Estupendo traballo !!!
GRAZAS por compartilo!!!







domingo, 22 de enero de 2017

Taller de Arte na biblioBN

Como sabedes, na nosa escola o alumnado disfruta dun Taller de Arte semanal de dúas horas.
Moitas destas sesións realízanse na biblioBN. Aquí tedes ao alumnado de 3 creando coas pezas Gigi, Kapla e na Mesa De Luz:



E aquí aos de 5 coas pezas:


Arquitecturas Imposibles na biblioBN

Neste Territorio das Artes que é a nosa biblioteca, ao alumnado de 4 anos déuselle por desafiar as leis físicas coas súas construcións con pezas Kapla:






Rexistrando a visita ao MUNCYT

Antes das vacacións visitamos o MUNCYT  para coñecer máis cousas do noso proxecto.
Á volta, o alumnado de 4 anos, localizou e marcou na Galería Robótica o que vimos na visita: robots humanoides, o tornillo de Arquímides, a bola de Herón ... que xa traballaramos nas presentacións da Historia da Robótica.




Non Somos Robots: Bits 8



domingo, 15 de enero de 2017

Deseño 3D

Realizamos o noso primeiro deseño para imprimir en 3D.
Recuperamos unha peza perdida dun xogo de encaixe:







lunes, 9 de enero de 2017

EncontXo polo Planeta III : Berta Cáceres


Resultado de imagen de berta cáceres frases

PROTEXER: Berta Cáceres

Coñecemos o seu traballo, xunto co pobo lenca, na defensa dos ríos:


Localizamos o seu país: Honduras


Escribimos a acción:




Ampliamos o mapa coas accións en defensa do planeta: