sábado, 6 de mayo de 2017

A Chave coa que pechamos o Mes do Libro




Non é unha chave calquera ... é a chave que pecha a primeira lectura que fixemos nas actividades da Semana do Día do Libro.E a chave coa que a biblioBN agasalla aos seus lectores e pecha o Mes do Libro.
Buscamos no repositorio Thingiverse unha chave para imprimir en 3D. Nas aulas escribimos o lema: Porque a Imaxinación é Libre.



O venres cada encargado recolle as chaves dos seus compañeir@s na biblioBN.


Levámolas para casa para empregalas se un día a nosa imaxinación decide pechar.




Porque a Imaxinación é Libre
e os Libros fannos Libres !!!

1 comentario: