domingo, 19 de noviembre de 2017

Encontro: Carta Xeométrica de Galicia


Mensaxe nunha Botella

Este venres, ao entrar do recreo, descubrimos que unha botella arribou ao Espazo Fedelleiro:



Tod@s xunt@s tentamos averiguar: "por que hai unha praia coa Torre de Hércules?, que leva dentro a botella?, un mapa dun tesouro?, unha carta que alguén nos envía?..."


Iago atrévese a desvelar o misterio:


Efectivamente!!! unha carta chega da ruta do Cantábrico Leste para covidarnos a asumir un reto que axude a mellorar a vida dos nosos océanos. Unha carta que comezou a súa ruta no País Vasco e entrou a Galicia por Viveiro, seguiu por As Pontes, Ortigueira e Oleiros ata arribar en Barrionovo:


Escaneamos o código QR da carta para acceder a páxina deste evento: Mensaje en una botella.


Asumimos o retp de limpar unha praia e crear esculturas mariñas co lixo recollido:




miércoles, 15 de noviembre de 2017

Encontro: Día Mundial da Filosofía

Sumámonos a esta celebración pensando arredor destas imaxes:



Aprendemos que o terceiro xoves de cada mes de novembro o mundo para para celebar a Filosofía:


E nós pensamos e aprendemos a pensar para que así outros non pensen por nós.
Falamos desas tres palabras  claves da Filosofía que recolle o artigo de La Voz de la Escuela: Sabedoría, Reflexión e Asombro:



E participamos na convocatoria #FilosofíaSI


Porque Barrionovo está cheo de pensadores y pensadoras:




martes, 14 de noviembre de 2017

Martes-Poesía Express: Os Castrexos


Neste mes, no que temos de protagonista a Xosé Neira Vilas, aprendemos, grazas aos nenos e nenas de 5 anos, un pouco máis dos Castrexos co seu libro : Galicia, nosa ledicia.

Anxo e Iria fan a presentación amosando os libros dos que se axudaron:


Versos con Historia:

 
  

lunes, 13 de noviembre de 2017

Impresión 3D: Cuncha de Vieira

Seguimos a traballar co Bestiario de Galicia, esta vez cun símbolo moi noso.
Collemos a imaxe da cuncha das tendas da Catedral de Santiago e pasámola polo Selva3D .




 Unha vez impresa gravámola sobre pasta de papel e pintámola

  
 sendo este o resultado:







A Volta a Galicia en 284 Días: Bits 4

viernes, 10 de noviembre de 2017

EncontXo do Magosto: Os pequenos Barbanzóns

Aproveitamos a festa do Magosto para coñecer un pouco máis da vida castrexa da man de Os Pequenos Barbanzóns :



Os protagonistas da historia toman o seu nome da Comarca do Barbanza,alí viven no Castro de Baroña.
Localizámolo no mapa e vemos a marabillosa fotografía do libro "Galicia,todo un mundo".


E despois seguimos coa festa do Magosto 2017.

Venres de EnCURTAS: Isokivi


Vía Arte y Animación

martes, 7 de noviembre de 2017

Rotulando a colección

Empregamos o alfabeto 3D deseñado e impreso polo alumnado para rotular as estanterías dos fondos da biblioBN.





E tamén dos fondos do Espazo Fedelleiro:



Ver o proceso de deseño e impresión aquí.

Martes-Poesía Express: Xosé Neira Vilas


Hoxe limos unha poesía de Xoán Babarro que falaba do Magosto e outra de Xosé Neira Vilas, o persoeiro que aparece no noso calendario durante este mes:

viernes, 3 de noviembre de 2017

Encontro: Día da Ciencia en Galego

Abrimos o Mes da Ciencia en Galego coñecendo as propostas de traballo das bibliotecas galegas e a do Día da Ciencia en Galego:


Facemos nosa a proposta de investigación sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán englobándoa dentro do proxecto deste curso.
Lembramos os mapas de Galicia que temos  traballado ata o momento: o actual e o das 7 provincias.
E presentamos o de Fontán:

Este vídeo achéganos a primeira información sobre o marabilloso traballo deste cartógrafo que percorreu Galicia para facer o primeiro mapa no que aparece dividida en catro provincias:
               

          


   "Foi o primeiro en debuxar
 o verdadeiro rostro da nosa terra"
(Ramón Otero Pedrayo)

Venres de EnCURTAS: The Skeleton Dance

         

jueves, 2 de noviembre de 2017

EncontXo: A Casa Enmeigada


Artai e María abríronnos a porta de A Casa Enmeigada.


Coa lectura deste clásico do ano 1979 rematamos os festexos do Samaín.



 Grazas familia!!!

martes, 31 de octubre de 2017

E os que non teñen medo recibiron o seu agasallo

Á saída da escola, os encargados de cada aula entregaron os carnés cubertos e tod@s recibiron o seu agasallo.
Xa podemos marcar as nosa lecturas porque ... QUEN DIXO MEDO?





 

Martes-Poesía Express: Samaín


A Poesía Express tamén se viste de Samaín...
Lectura á luz das candeas :