miércoles, 25 de mayo de 2016

Letras e Arte Galego co Escornabot

Empezamos a andaina no proxecto Escornabots na biblioteca escolar ilustrando os textos de Manuel María con obras de artistas galegos.
Escollemos os poemas de elementos da natureza de Soños na gaiola e facemos unha ficha co texto, a obra e firma do artista.

O panel do escornabot acolle anacos destas obras:


O dado ten as firmas dos e das artistas:

A tarefa consiste en tirar o dado e localizar a firma nas fichas,lemos a estrofa do poema e despois temos que buscar na plantilla o anaco da obra correspondente e levar o escornabot ata ela.
Aula de 3 anos:



                     


miércoles, 18 de mayo de 2016

Festexamos as Nosas Letras

Xuntámonos na biblioBN para festexar o día grande da nosa língua.
Os nenos e nenas da aula de 5 falannos da vida e obra de Manuel María:


Aida presenta o audiovisual gravado co poema "Galicia":




O taller de arte desta semana traballa na biblioteca coa portada dun dos libros do poeta:







Estos son os traballos realizados nas aulas ao longo destes días:



martes, 17 de mayo de 2016

Galicia Somos Nós

Nós, como Manuel María, sentamos a escribir versos á sombra dunha oliveira.


Creamos este audiovisual co seu poema "GALICIA" para a celebración das Letras Galegas 2016.


sábado, 14 de mayo de 2016

Proxecto "Escornabots na Biblioteca Escolar"

Somos un dos 20 centros elexidos para participar neste proxecto e así avanzar no coñecemento da linguaxe da programación desde a nosa biblioteca.
Por eso, a biblioBN estivo onte nunha maratoniana xornada en Santiago:
Construimos o primeiro dos catro escornabots que recibiremos:




Os outros tres montarémolos entre todos na biblioteca.

Aprendimos a programar co arduino e así poder variar a distancia de percorrido do robot:


E finalmente vimos a impresora 3D en acción imprimindo as rodas do escornabot:


Hai que aprender un pouquiño máis sobre ela para poder traela de visita á biblioteca.

Preparádevos ... a aventura escornabótica está en marcha !!!

lunes, 9 de mayo de 2016

Día de Europa: O Rapto de Europa

Celebramos o Día de Europa coñecendo a lenda do Rapto de Europa. Despois de escoitar o mito vemos as representacións artísticas que o recollen, desde a antiga Grecia ata a pintura moderna.


       

Despois facemos a nosa representación artística do mito.
A aula de 3 creando na biblioteca:




Ver aquí todo o proceso

Bits 14 - Barrionovo 2016


viernes, 6 de mayo de 2016

Venres de EnCURTAS: Árbores e Flores

                      

Dedicatorias de Antonio Rubio

O poeta Antonio Rubio estivo onte na libraría Moito Conto  de A Coruña para falar de educación e poesía.
Aproveitamos para que nos dedicase os seus libros. 

"Somos seres poéticos"



Todos xuntos lemos as poéticas dedicatorias coas que nos agasallou:





Aida e Grabiel cóntannos "Cocodrilo" e despois Aida càntanos "Lúa":


jueves, 5 de mayo de 2016

Os de 3 apodéranse da biblioBN

Apodéranse ou empodéranse ... non o sabemos moi ben.
O que está claro e que dominan este espazo e o xestionan para ler, crear e compartir.
Ler creando e Crear Lendo ... hai algo máis propio para unha biblioteca.
Estas nenas e nenos o teñen claro !!!




O alumnado comparte lecturas, desenvolve en grupo a súa creatividade coas pezas Kapla e indivudualmente con follas.

Acción Poética XLVI: Manuel María


domingo, 1 de mayo de 2016

EncontXo de apertura do Mes das Letras 2016


Abrimas o Mes das Letras escoitando un poema musicado do autor homenaxeado: Manuel María


Este poema chega á biblioBN grazas a unha coidadísima edición de Gelria.
Escoitamos como soan as zocas de Vilalba: