miércoles, 9 de marzo de 2016

8 de Marzo do 2016: As Mulleres de Barrionovo temos MOITO CONTO

Día grande para celebrar coas nosas mulleres. A libraría Moito Conto abriunos as portas e agasallounos cun contacontos en igualdade. Neste máxico espazo reflexionamos sobre o papel das mulleres nos contos clásicos e vimos o vídeo co traballo do alumnado sobre a presenza da muller no movemento olímpico.




Queremos dar as GRAZAS :
  • ás mulleres que nos acompañaron.
  • a Esther, Eva e Chus por abrirnos a súa casa.
  • á Policia Local de A Coruña por facilitarnos a saída. 

1 comentario: