lunes, 30 de diciembre de 2013

Por un 2014 de FELICES LECTURAS

 

Pescando contos con Anxo Moure

O último día de escola a bilioBN encheuse de risas e alegría coa presenza de Anxo Moure , quen nos levou a pescar contos no seu batuxo para despóis cociñalos e que alimenten a nosa imaxinación. Contos que falan de ríos e mares e de moitas cousas importantes porque como dixo Anxo:

O MAR BATE NO NOSO CORAZÓN 
PORQUE ESTÁ PREOCUPADO POLA CONTAMINACIÓN

Felices momentos ...


Dedicatoria e Anxo cos debuxos que ilustran a dedicatoria do curso pasado:


jueves, 19 de diciembre de 2013

Cando Sexades Pequenos

O alumnado da aula de 5 anos fixo unha adaptación do conto "Cando Sexades Pequenos" , unha das recomendacións da Guía de NADAL da biblioBN.
As imaxes están protagonizadas polos nenos e nenas e as súas familias e o texto foi gravado polo alumnado.


martes, 17 de diciembre de 2013

lunes, 16 de diciembre de 2013

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Guía de NADAL

Polo NADAL, desde a biblioBN desexamos...

que o faro dunha boa lectura guíe a vosa travesía.




martes, 26 de noviembre de 2013

Ana Hermida Conta en Feminino

Ana Hermida visitóu hoxe a biblioBN para contar en feminino. Relatóunos a Historia dos Bonobos con Lentes e a de A Princesa Carlota e o seu Dragón Mascota.




Deixóunos estos dous vídeos para aprender a cantar en feminino:




1ª Nasa Informativa

Esta semana tivo lugar a nosa primeira Nasa Informativa, na que explicamos as fabulosas cousas que pescamos na casa coas nosas familias.

viernes, 15 de noviembre de 2013

EncontXo para Científicos Locos

Rematando a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía, reúnense os científicos locos de Barrionovo arredor dunha lectura poético-científica. Aprendemos VERdeDADES da man de Yolanda Castaño e Xosé Tomás con presentación de Celia.


    

martes, 12 de noviembre de 2013

LER CIENCIA na biblioBN

Seguindo o lema deste curso nas Bibliotecas Escolares de Galicia, tedes unha exposición na biblioBN de fondos informativos e literarios que falan de Ciencia.

                                                           



A maior parte destes fondos están no recuncho "O mundo que me rodea":



sábado, 2 de noviembre de 2013

O Premio Nacional do Cómic 2013 fala Galego

   

Miguelanxo Prado ven de recibir o Premio Nacional do Cómic por Ardalén. O xurado destaca o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores.
Noaraboa ao artista que engrosa a lista de Premios Nacionais para os artistas galegos.

martes, 29 de octubre de 2013

miércoles, 23 de octubre de 2013

Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o día grande das Bibliotecas . Neste día de reivindicación para o mundo do ensino, queremos tamén reivindicar a importancia da Biblioteca Escolar na vida do noso centro. A biblioBN é o motor xerador dos nosos proxectos de traballo e o lugar de participación colectiva da comunidade educativa da nosa escola.
Que mellor xeito de celebralo que con este fermoso vídeo que o Ministerio de Educación e a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia gravaron na nosa biblioBN o curso pasado.


       

Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver oito experiencias de boas prácticas doutros centros galegos .



Ver Aquí



lunes, 14 de octubre de 2013

Xogo a Ler

Xa está en marcha unha nova campaña de fomento de lectura en familia co "Xogo a Ler".
Este curso o libro e o caderno viaxan nunha fermosa mochila laranxa etiquetada, como non podía ser menos, co barquiño onde Surcamos os 7 Mares.



Antes de levar o libro para casa cubrimos a folla de rexistro.


O luns compartimos cos compañeiros a nosa lectura e amosamos o noso traballo.